
Nova cita gastronómica en Valdeorras. Este sábado 28 de marzo celebrarase en Larouco a Festas do Xarrete organizada pola Asociación Sempre Larouco. Será ás 14 horas no pavillón municipal e o asistentes poderán degustar un menú formado por consomé e entremeses, xarrete de tenreira, bica de Larouco, viños mencía e godello, café e chupitos.
O prezo da entrada é de 25 euros e tamén haberá bingo e música.
