EconomíaEconomíaÚltima horaVídeosViticultura

A Adega Petrón abre a XLVI Feira do Viño de Amandi, en Sober, co tradicional corte de bacelos

Nesta edición poderán degustarse, do 27 ao 29 de marzo, os viños de 22 adegas da subzona do Amandi (D.O. Ribeira Sacra)

 

Co xa tradicional corte de bacelos poñíase en marcha de xeito oficial na tarde deste 27 de marzo a XLVI Feira do Viño de Amandi, cuxo recinto está instalado na praza da localidade. Desta volta era a Adega Petrón a encargada de inaugurar a mostra, en lembranza de Epifanio Campo.

No acto participaban, ademais dos membros da adega, o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, e  o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, entre outra autoridades.

 

 

De seguido, ás 20:00 horas actuaban Festicultores Troupe e, pola noite, Monoulious DOP.

Nesta edición da feira, que ten como Concello convidado ao de Ribas de Sil, poderán catarse os viños de ata 22 adegas da subzona de Amandi, na Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

 

 

 

Sábado 28 de Marzo

-Ás 11:00 horas: Apertura de stands.

-Ás 11:30 horas: Actuación dun GRUPO DE MUSICA TRADICIONAL, a través do programa Tradigalu da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

-Ás 12:30 horas: Actuación da BANDA DE MÚSICA DE SOBER.

-Ás 17:00 horas: Comezo da Precata Oficial.

-Ás 18:30 horas: Actuación da Charanga BANDIÑOS BAND

-Ás 20:00 horas: Actuación de LOUBAND.

-Ás 22:00 horas: Actuación de ORQUESTRA BRAVÚ XANGAI

-As 23:30 Actuación de GIN TONI’S.

Domingo 29 de Marzo

-Ás 10:45 horas: Actuación da Charanga NBA.

-Ás 11:00 horas: Pasarrúas coa BANDA DE MÚSICA DE SOBER.

-Ás 11:30 horas: Comezo da Cata Final Oficial.

-Ás 11:30 horas: Misa Solemne coa Bendición de Ramos, na Igrexa de Sober.

-As 12:00 horas: Animación cunha selección de TUNAS de MADRID.

-Ás 12:30 horas: Recepción de Autoridades na Casa do Concello.

-Ás 13:00 horas: PREGÓN a cargo do chef Estrella Michelin RAFA CENTENO do Restaurante VÉRTIGO.

-Ás 13:30 horas: Entrega de Premios.

-Ás 17:30 horas: Actuación da Charanga NBA

-Ás 19:30 horas: Baile coa orquestra TANIA VEIRAS e OS CUMBIA POP.

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button