En portadaGalerías de fotosSanidadeÚltima horaVídeos

A cea solidaria da AECC en Valdeorras reúne a unhas 115 persoas no Pazo do Castro (O Barco)

 

Unhas 115 persoas asistían na noite do 28 de marzo á cea solidaria anual que organiza a Asociación Española contra o Cancro (AECC) en Valdeorras. Este evento solidario, que nesta ocasión se celebraba no Pazo do Castro (O Barco), comezaba a partir das 21:30h. e que tiña unha entrada de 30 euros e había unha fila cero tamén. Entre os asistentes estaba o presidente provincial da AECC, Germán Rodríguez-Sáa, que dirixía unhas palabras aos asistentes. Tamén interviña a presidenta da delegación en Valdeorras, Gloria Pérez, quen destacaba que o reto da entidade é conseguir unha sede nova na comarca.

“Estamos moi agradecidos porque, un ano máis, as voluntarias de Valdeorras vólcanse neste evento do que imos desfrutar todos e que demostra a solidariedade, o cariño e a cercanía que ten toda a xente de Valdeorras coa AECC. Por desgraza a enfermidade está aí e lévanos sempre vantaxe, e o que pretendemos é seguir medrando en servizos e axudas na comarca, que ten unha idiosincrasia propia”, dicía Rodríguez-Sáa, quen destacaba o crecemento exponencial, tanto de socios como e voluntarios, nesta entidade na provincia.

 

 

Pola súa banda, o alcalde do Barco, Aurentino Alonso, aseguraba que o Concello do Barco axuda en todo o que pode á asociació. “A AECC quere medrar e ter unha implantación máis ampla en Valdeorras e temos que tratar de localizar un espazo físico para que ese crecemento sexa unha realidade, unha nova sede, na que poidan acoller todos os servizos que pretenden desenvolver en Valdeorras”.

Como noutras ocasión, ademais de música, a centa contaba cun sorteo de agasallos doados por uns 70 establecementos de Valdeorras.

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button