
O Vianariño FS segue demostrando a solidez dun club que en catro anos de vida conta con oito equipos en diversas categorías: sénior masculino e feminino, xuvenil, cadete, infantil, alevín, benxamín e benxamín. Agora, na recta final da liga 25/26 na que os resultados do equipo sénior masculino que compite en Terceira División non están a acompañar todo o desexado, dan un paso máis e presentan o seu propio himno.
Obra do músico Julio Somoza, “representa a unión de dous concellos e do rural, ademáis do espíritu competitivo e gañador do noso club”, explican dende o Vianariño, agardando que goste ao público e que o faga seu. “Cantado pola afección ten que ser espectacular”, aseguran, convidando a practicar para a presentación oficial que farán mañá, sábado 10 de abril no partido ante o líder, o Composala, previsto para as 18:45 horas no pavillón municipal de Viana do Bolo.
