CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

“Medio día do club” en Calabagueiros, o domingo 19 de abril para ver o CD Barco-Arousa SC

Afección do CD Barco no campo municipal de Calabagueiros./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Faltan catro partidos para que remate a liga en Terceira Federación e o Centro de Deportes Barco quere volver encher o campo municipal de Calabagueiros nos partidos que lle quedan por xogar na casa.

O primeiro será este domingo 19 de abril ás 17:30 horas contra o Arousa SC, a xornada que escolleron como “Medio día do club”. As entradas custarán 6 euros para socios e 12 euros para non socios, podendo collelas anticipadas  (6€ + bufansa do CD Barco 4€ opcional) en: Churrería A General, La Plazita e Horta de Fina de Mar.

Tras a derrota (5-1) ante o Atlético Arteixo, o Barco chega ao partido dende a sexta posición con 45 puntos mentres que o Arousa é segundo con 58.

 

Back to top button