OurenseÚltima horaVídeos

Chaves presenta en Ourense o seu V Festival Gastronómico do Bacallau, que se celebrará do 1 ao 3 de maio

 

A praza Maior da cidade de Ourense convertíase este mediodía en escenario da presentación da quinta edición do Festival Gastronómico do Bacallau de Chaves, que se celebrará do 1 ao 3 de maio nesta cidade portuguesa.

Deste xeito, Chaves consolidarase unha vez máis como un dos principais destinos da gastronomía portuguesa, coa participación de máis de 60 hoteis e restaurantes que, durante tres días, ofrecerán
experiencias únicas centradas nun dos produtos máis emblemáticos da nosa cociña: o bacallau.

Como parte da estratexia para promover a gastronomía local e fortalecer a cooperación transfronteiriza, tiña lugar na cidade das Burgas a presentación oficial do evento ante os medios de comunicación.

 

 

Esta é a segunda ocasión na que  Chaves realiza unha promoción deste tipo na cidade de Ourense, tal e como apuntaba o presidente da Cámara Municipal, Nuno Vaz. “Non é só a relación de proximidade que existe entre estes dous territorios, na que aínda hai moito camiño por percorrer, fai falta unha ligazón tamén gastronómica que ten que ver neste caso cun prato típico portugués. O bacallau ten mil formas de ser decuberto, mil formas de ser cociñado e nós o que dicimos é vén descubrir o bacallau e Chaves, o noso patrimonio, as nosas termas…”.

 

 

Esta presentación iniciábase cun showcooking a cargo do cociñeiro Duarte Eira, chef do restaurante Salpoente en Aveiro. Coa colaboración de alumnado de hostalería da Escola Profissional de Chaves, distribuíase o prato elaborado na mesm praza entre os asistentes, que puideron degustar esta elaboración do bacallau.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button