Dende o Xoves de Comadres (23 de febreiro) ata o Martes de Entroido (28 de febreiro) o Barco de Valdeorras acollerá a XVIII edición das Xornadas Gastronómicas do Entroido, organizadas polo Concello do Barco, Aeva e o Centro Comercial Aberto O Barco.
Durante seis días, un total de dez restaurantes (Pazo do Castro, Casa Galaica, Mesón Asador Vila do Castro, Pulpería El Dorado, Asador de Viloira, Casa Ignacio, Il Placere Gastro-Bar, Restaurante Fernando III, San Mauro e Agarimo) ofertarán menús especiais -primeiro, segundo, sobremesa, viño de Valdeorras e café- para celebrar e gozar da festa do Entroido.
Nesta edición as xornadas contan coa colaboración do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, “tratando de lanzar unha mensaxe de unión empresarial aos usuarios, e clientes e poñendo en valor piares económicos e culturais de Valdeorras como son o noso viño e a nosa gastronomía”, tal como adiantan dende a organización. Por iso, cos menús das xornadas poderase participar no sorteo de 12 estoxos de viño de Valdeorras doadas polo Consello Regulador. “Pide a rifa de participación, énchea cos teus datos e déixaa na oficina de AEVA ata o día 3 de marzo. O sorteo farase o día”, animan dende Aeva.