A conferencia terá lugar na tarde do 24 de febreiro no Museo do Pobo Galego
“Entroidos galegos, entre procesos longos, emblematizações e o riso: o caso de Vilariño de Conso”. e o título da ponencia que a antrópologa Paula Godinho impartirá o venres 24 de febreiro de 2017 ás 19h30 no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela.
Paula Godinho imparte clases no Dep. de Antropologia e Instituto de História Contemporânea. Facultade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa.