A música en directo, da man da novísima banda valdeorresa KZ Angels, completaba a programación da 4ª edición da mostra “Arte no Rural” que se celebraba na fin de semana da ponte de maio na Portela de Portomourisco (Larouco-Petín).
Logo de presentarse oficialmente na Festa do Cordeiro de Larouco, os mozos ofrecían o seu segundo concerto cun repertorio de temas de Metallica, System of a Down, Nirvana ou Black Sabbath.
O grupo, formado por Tati á voz, Sergio á batería, Luis ao Baixo e Emma e Miguel ás guitarras agredece ao Concello e a AMAVA (asociación de músicos á que pertencen) “a oportunidade de poder tocar e amosar o seu talento musical”.

Fotos e vídeo: Fany.