DeportesFútbolÚltima hora

A Selección de Valdeorras imponse 3-5 ao CD Córgomo Vilamartín no amigable disputado no Bañadoiro

 

Na mañá deste sábado 23 de maio disputábase no campo do Bañadoiro un partido de fútbol moi especial. Aproveitan o descanso entre a liga e os play off da fase de ascenso, o CD Córgomo Vilamartín decidía convocar un partido amigable contra a Selección de Valdeorras, composta “por algúns dos mellores xogadores da comarca”, aseguran dende o Córgomo agradéndolles a súa boa disposición para participar neste partido que “substitúe ao Torneo Camiño de Inverno que este ano non se poderá realizar por obras”.

 

 

O partido, no que xogaron futbolistas valdeorreses espallados por diferentes clubs (CD Barco, SD Ponferradina B, Cented Academy, SD Residencia, CD Viana, CD Rúa e CD Barco B) comezaba ás 12 horas e resolvíase co 3-5 favorable ás selección.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button