CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima horaVídeos

Así foi a meritoria actuación do Grupo de Sopros do Conservatorio do Barco na Mostra Musical do Eixo

 

Pasaban a final e lograban unha Mención de Honra. Destacada actuación do Grupo de Sopros do Conservatorio e da Escola de Música do Barco que na pasada fin de semana participaba na IX Mostra Musical do Eixo Atlántico. O cuarteto participante, único representante da provincia de Ourense e composto por Carmen Ruiz Domínguez (saxofón alto), Iria Bárbara Rodríguez Ferrero (saxofón tenor), Martín Porto Oliveira (clarinete), e Aarón González Prieto (saxofón barítono) interpretaba, na primeira fase do certame, a obra “Suite Hellénique” de Pedro Iturralde, que lle permitiu o pase á final. Nesta última fase, interpretaron “Pequeña Czarda” do mesmo autor, unha obra espectacular e de moita dificultade.

“Pasamos para a final, e a verdade é que moi ben, con felicitacións por parte de profesores, directores e demais participantes que estaban no evento. E na final recibimos unha Mención de Honra, unha distinción que acostuman outorgar cando o nivel demostrado é moi alto, e tendo en conta que no concurso no poden dar dous primeiros, e así  recoñecen a calidade dos mais destacados”, explica Manuel Prada, profesor do conservatorio barquense que acompañaba aos alumnos.

 

 

O repertorio

Na fase previa tocaban “Suite Hellenique” de Pedro Iturralde, unha obra que combina a música tradicional griega coa improvisación e o Jazz e que consta de catro movementos:

I. Kalamatianós: Baseado na danza tradicional grega do mesmo nome, Combina escalas modais (como o modo dórico e eólico) cunha rítmica folclórica moi marcada.

II. Funky: Como indica o seu nome, introduce a linguaxe e o ritmo do jazz estadounidense, ofrecendo un contraste moderno e dinámico fronte á tradición grega.

III. Valse: Un valse melódico e expresivo que permite ao intérprete lucir o lirismo e o canto do saxofón, mantendo sempre sutís toques harmónicos e influencias do jazz.

IV. Kritis: Inspirado nos bailes da illa de Creta. É un movemento rápido, enérxico e brillante que adoita retomar motivos musicais do primeiro movemento para concluír a obra con gran forza É unha peza que destaca tanto pola súa esixencia técnica clásica como pola liberdade e frescura que esixe a parte de improvisación.

 

 

Na final o grupo barquense interpretaba “Pequeña Czarda” tamén de Pedro Iturralde, tamén inspirada nas danzas  folklóricas húngaras e que é obra moi importante no repertorio para saxofón. “Neste caso a adaptación para cuarteto está feita para unha homenaxe a Pedro Iturralde compositor e intérprete que fora catedrático do Conservatorio Superior de Música de Madrid e Unha figura salientable a nivel internacional pola sua labor abrigo a nivel compositivo e non mundo do Jazz. Obra que destaca pola sua esixencia técnica e seu carácter virtuosístico”, explica Prada.

A peza está estruturada dous tempos: Lassú (Introducción e Sección Lenta) e Frisca (Sección Rápida)
Representa o contraste con ritmo vertixinoso  e explosivo.

Fotos e vídeos cedidos.

 

Back to top button