Espectacular. Tanto en entrada como en xogo. Así foi o partido de volta de semifinais do play off de ascenso a Preferente disputado na tarde deste sábado 6 de xuño no campo do Bañadoiro entre o CD Córgomo Vilamartín e o CD Unión.


Con moitísima afección por parte de ambos equipos (eran moitos os vermellos que viñan dende Rianxo), animando a pé de campo, os rapaces de Iván González saltaba ao terreo de xogo con toda a artillería pesada, dispostos a remontar o 1-0 da ida, e vaia se o facían.
Dani poñía o 1-0 xa no minuto 20 e no 25′ marcaba Sylla. No minuto 37 marcaban os coruñeses e no 45′ Dani transformaba un penalti chegando ao descanso co 3-1. Tras o paso polo vestiario, Deivis marcaba o cuarto gol para os verdibrancos e tres minutos despois Gorka marcaba o quinto. Os visitaban volvían volvían marcar no minuto 83 rematando o partido co 5-2 final e a afección valdeorresa no campo felicitando ao equipo que xogará a final do play off, a un paso do ascenso.


Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.