Apenas un mes e medio despois da tormenta que provocaba estragos na Rúa debido aos arrastres das zonas afectadas polo incendio do pasado verán, repetíase a situación.


Contra as seis da tarde deste sábado 13 de xuño, unha forte treboada descargaba sobre a vila valdeorresa, provocando de novo arrastres que deixaban baixos e estradas inundadas, especialmente nas zonas de Fontei, da Arnaveca e do Aguillón, preto das piscinas.

Igual que a vez anterior, podía verse a veciños, lavando se achicando auga, colaborando nos labores cos servizos de emerxencia (Bombeiros, Protección Civil, Garda Civil,…) así como traballadores do propio Concello.
Debido á tormenta suspendíase a festa de tarde de San Antón, comezando xa na verbena a partir da 1. “O sorteo dos 500 euros farase ás 2:30 horas”, anuncian dende a comisión.
Fotos e vídeos cedidos.
