En portadaÚltima horaVídeos

Unha manifestación volve percorrer O Barco para pedir un servizo de Neumoloxía para o Hospital de Valdeorras

 

Dende o Hospital de Valdeorras ata a praza do Concello do Barco. Este era o percorrido da manifestación convocada pola Asociación de Silicosis de Valdeorras (Asilival), que se iniciaba ás 11h., para esixir, unha vez máis, que dote dun servizo de Neumoloxía propio ao hospital barquenses.

A marcha transcorría ao ritmo da consigna “Queremos un neumólogo para Valdeorras”. Ao chegar á praza do Concello, o presidente de Asilival, Jose Rodríguez, agradecía a participación e a presenza de diversas autoridades apoiando esta reivindicación e lembraba que a entidade leva loitando por ela dende a súa creación hai ano e medio. Tamén explicaba que froito das diferentes accións reivindicativas, entre elas concentracións e manifestacións, “teñense conseguido cousas. Pasamos de non ter ningún neumólogo que fixese consulta no hospital a que veñan dous á semana. Hai que seguir loitando”, resaltaba.

Fotos: A.R.

Vídeo: O SIL.

Back to top button