Tras a tormenta chega a calma, aínda que neste caso é relativa. Ao día seguinte da treboada que novamente causaba importantes danos na comarca de Valdeorras en xeral e no concello de Vilamartín de forma especial, as augas do río Leira volveron ao seu cauce na Rodeleira, deixando tras de si un regueiro de barro, árbores e cinsa, así como valados caídos, que aínda están a retirar, entre outras incidencias (baixo alagados, coches afectados,…)
Vídeos cedidos.

