Pasadas as seis da tarde deste sábado 20 de xuño, centos de persoas agardaban diante do pavillón do Bañadoiro, en Vilamartín de Valdeorras, a saída dunha nova edición da Vilacorlor Run. E unha vez máis era Rocío Barba quen facía os quecementos para a ruta, cunha animada master class de zumba que fixo sudar aos participantes que bailaban e brincaban animados ao ritmo da macrodiscoteca Pandora.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.


