En portadaÚltima horaVídeos

A X Andaina Popular do San Xoán, no Barco, reúne a unhas 450 persoas pese á intensa calor

 

A sofocante calor deste 23 de xuño condicionaba, pero non impedía, a celebración  da X Andaina Popular de San Xoán, que tiña como punto de partida e meta a praza Ramón Otero Pedrayo de Viloira (O Barco). Como vén sendo habitual, estaban previstas dúas probas: unha para os nenos (de ata 6 anos) arredor das 20:30h. e outra popular con saída ás 21h. cun traxecto duns 6 km. Unhas 450 persoas, de distintas idades, respondían a esta convocatoria, promovida pola Concellería de Deportes do Barco.

 

 

 

 

A proba dos nenos consistía nunha xincana á sombra na mesma praza e no xardín da Casa Grande de Viloira.  Para a proba dos adultos, deseñábase un percorrido é chairo, sen costs e aproveitando todas as sombras ao longo do Paseo do Malecón.

 

 

Despois das probas, tiña lugar unha pancetada para os inscritos nestas citas e tamén estaba prevista unha entrega de premios, tanto individuais como colectivos, en diferentes categorías, e un sorteo de produtos típicos.

 

Para velar pola seguridade no desenvolvemento da andaina contábase coa colaboración dos voluntarios de Protección Civil do Barco e Petín e da Policía

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button