En portadaSanidadeÚltima horaVídeos

Asilival seguirá mobilizándose cada xoves ata finais de xullo para pedir un servizo de Neumoloxía no Hospital do Barco

 

A Asociación de Silicosis de Valdeorras (Asilival) volvía mobilizarse, un xoves máis ás 11h., para pedir que se dote ao Hospital do Barco dun servizo propio de Neumoloxía. Facíao cunha concentración diante deste centro hospitalario. O seu presidente, José Rodríguez, explicaba que a entidade segue a traballar e que ten entre mans novos proxectos. De feito, a intención é convocar unha gran asemblea no Multiusos do Barco para tomar decisións.

 

 

Tamén indicaba que Asilival seguirá mantendo as súas mobilizacións, xa sexa concentracións e mesmo algunha manifestacións ata finais de xullo e que se retomarán en setembro. Rodríguez lembraba que a asociación pode encargarse de remitir a persoas afectadas ao Instituto Nacional de Silicosis en Oviedo e aseguraba que, segundo os datos desta entidade, houbo un incremento de casos no 2025 con respecto ao 2024. De aí, insistía, a necesidade de que Valdeorras conte cun servizo propio de Neumoloxía.

 

 

“Seguimos aquí pelexando polos nosos dereitos, xa conseguimos avances, de non ter nada agora temos dous neumólogos que veñen á semana ao hospital, pero temos que seguir na loita”, dicía Rodríguez, indicando ademais que a entidade vai presentar un escrito á Consellería de Sanidade solicitando diversa información.

Fotos e vídeo: O SIL.

 

Back to top button