CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

A novísima banda valdeorresa Kz Angels pon o rock nas Festas do Chao, no Barco

 

Seguindo coas actividades de verán de AMAVA, na noite do venres 26 de xuño era a quenda dos máis novos da asociación que puxeron todo o seu talento e enerxía nas Festas do Chao, no Barco de Valdeorras.

A xove banda Kz Angels con Tati á voz solista, despregaba todo o seu arsenal de “demoledoras melodías que fixeron que ninguén permanecera quieto”, din dende AMAVA, asegurando que “todo o mundo acabou saltando contaxiados por un gran número de seguidores incondicionais absolutamente entregados”.

 

 

Con tan só 13 anos de idade na maioría dos seus compoñentes pero coma se fosen auténticos veteranos do rock fixeron as delicias de todos os asistentes, recoñecen dende a asociación, adiantando que poderemos desfrutalos de novo o 31 de xullo no Oulego Fest.

 

 

Fotos e vídeo cedidos.

Back to top button