CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

A actuación aberta ao público de La Gloria, dá o pistoletazo de saída ao X SilFest Valdeorras

 

Agora si, o X SilFest Valdeorras está en marcha. A programación á beira do río abrirase esta tarde (apertura do recinto ás 18 horas), e estenderase ata a madrugada do domingo, pero o pistoletazo de saída musical dábao La Gloria na noite do xoves día 2.

 

 

Na praza José Otero do Barco de Valdeorras e aberto ao público, tiña lugar o primeiro concerto do festival a cargo da banda coruñesa de garaxe rock formada na Coruña en 2025. Integrada por Jorge (baixo), Pablo e Jaime (guitarras), Manu ( teclado) e Txetxu (batería), o grupo “dispara cancións rápidas e urxentes que beben do garaxe máis cru e mestúrano con historias privados cantadas en castelán”, aseguran dende o SilFest.

 

 

Na primavera deste ano La Gloria publicaba o seu primeiro EP, Mi primera comunión, un traballo que define a súa identidade sonora a través dunha “miscelánea de referencias como Ty Segall, Mujeres ou Black Lips”, que presentaba no Barco. Un enérxico directo que poñía “ritmo, distorsión e actitude” á primeira noite do SilFest Valdeorras 2026.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Back to top button