CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

O “Son animal” de Paco Nogueiras anima aos máis pequenos na mañá de sábado no SilFest Valdeorras

 

O SilFest Valdeorras vive hoxe o día central, con actividades dende a mañá ata a madrugaba á beira do río, para adultos e para nenos. Para os pequenos e os seus papás está o Mini SilFest cunha programación propia na que nesta mañá de sábado 4 de xullo destacaba o concerto “Son animal” de Paco Nogueiras.

 

 

Compañado polos seus “animais” e os seus instrumentos (unha guitarra, un acordeón, unha flauta,…) o artista presentaba en directo o seu novo espectáculo adicado aos animáis máis cercanos e aos seus sons convertidos en divertidas cancións.

 

 

“Moi preto de nós viven toda clase de animais. Hainos grandes, pequenos, con pelo, plumas, cornos, rabo, con catro patas, dúas… ningunha. Todos diferentes e especiais, todos marabillosos. E todos… co seu son”, asegura Paco. O ladrar dun can, o bruar dunha vaca, o miañar dun gato, o balar dunha cabra, o cacarexar dunha galiña, ou zunido do mosquito foron converténdose en divertidas cancións coas que Paco Nogueiras, levou aos presentes polo mundo a través de diferentes estilos musicais: dende un aire portugués aos ritmos do leste de Europa, dende unha balada acústica a un animado rock&roll, dende unha fanfarria circense ate unha melodía de influencias andinas, rematando co tema que dá nome ao espectáculo.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

Back to top button