CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Sr. Jingles reta á calor e o seu potente son abre o día grande do SilFest Valdeorras

 

Din que ninguén é profeta na súa terra pero non é a primeira vez que o SilFest conta coa banda Sr. Jingles a voz más auténtica do rock valdeorrés. Nesta ocasión, con motivo do X aniversario era o encargado de abrir a sesión de concertos do día grande, na tarde deste sábado 4 de xullo, desafiando á intensa calor e tocando en casa como pocas veces o fixo.

 

 

Liderada polo cantante, músico e compositor barquense Ramiro Núñez, a banda é sinónimo de actitude, compromiso e rock & roll con raíces galegas. Deuse a coñecer co seu álbum debut El Grito Wilhelm (2018), un disco composto por 12 cancións que funcionan como alegoría da protesta e a denuncia social. Con influencias de grandes do rock clásico español como Carlos Tarque e M-Clan, xunto á escena indie de Vetusta Morla, a banda “dispara un rock contundente con riffs potentes de guitarra e letras cargadas de significado que abordan temas cruciais: guerra, violencia de xénero, drogas, política e cine”, aseguran dende o SilFest.

 

 

Tras renacer con forza despois da pandemia, simbolizado no seu tema Fénix, Sr. Jingles gravou o seu segundo disco en 2024, apostando por un formato innovador “gravación en directo en estudo para plasmar a enerxía crúa da banda”. Cancións como Maten al león, El Sol ou o recente Que me lleve el diablo confirman a madurez compositiva de Ramiro Núñez, que cantou estes e outros temas inéditos como Lobos a la mesa e La hora de la serpiente, arrincando sonoros aplausos.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

Back to top button