Na mañá deste luns 6 de xullo presentábase na Rúa a campaña ‘Non camiñas soa 2026’ por parte do subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, acompñado pola alcaldesa do municipio, María González Albert e o tenente coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Ourense, Rafael Berguillo.
Un acto que reunía no antigo campo de fúbol, no Aguillón, a un bo número de efectivos de diferentes grupos da Garda Civil, con coches patrulla, detector de drones e o flamante helicóptero, foco de atención para os nenos da Rúa que están estes días no programa Tempo de Lecer do Concello e no Campus de Fútbol do CD Rúa que se achegaron para velo de preto e incluso subir a el.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.
