Non chegaba ata as 11:15 horas pero dende horas antes numerosas persoas agardaban en Oulego (Rubiá) á Raíña Dona Sofía que tras saludar ás autoridades presentes, achegábase ata elas que agardaban con flores e agasallos que recollía con cariño.
Por parte do Concello era recibida polo propio alcalde, Elías Rodríguez, cun fermoso ramo de flores preservadas con ramas de oliveira e eucalipto feito na zona e despois, de por parte do Concello recibía unha cesta cun abano, un rosario de nácar e unha estampa da Virxe do Camiño de Rubiá así como mel de catro tipos de sabores, un marcapáxinas de madeira e dúa chapas feitas polos nenos do CEIP Pluriligüe Virxe do Camiño.
Por parte do Marquesado, recibía unha selecta caixa de madeira con produtos apícolas propios; e por parte do público varios detalles destacando un ramo que lle entregaba Tere, en nome dos veciños de Oulego.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.
