O vivido na mañá deste mércores 8 de xullo no concello de Rubiá pasará aos anais da historia deste concello valdeorrés. De feito non é habitual e seguramente non se repita, que un membro da Casa Real se achegue a unha localidade do rural galego e moito menos a unha da comarca de Valdeorras.
Por iso, era moita a poboación do municipio que dende primeira hora agardaban estoicamente a chegada da Súa Maxestade a Raíña Dona Sofía, de visita para coñecer de primeira man o proxecto de restauración dunha alvariza que se levará a cabo neste ano grazas ao convenio de colaboración asinado pola Fundación Reina Sofía e a Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Ambiente.


Foi unha visita protocolaria e rápida con fortes medidas de seguridade, pero con tempo suficiente para que Dona Sofía saudase ás autoridades presentes, case todos os alcaldes da comarca, a conselleira de Medio Ambiente, o delgado do Goberno en Galicia e o subdelegado do Goberno en Ourense,…; e tamén aos veciños alí presentes que a recibían con flores e vítores, con “alegría porque viñera pero decepción cos políticos da Xunta que abandoaron ao pobo o ano pasado durante os incendios”, asegura unha das presentes transmitindo “o sentir da maioría”.





Fotos: Carlos G. Hervella.
Vídeos: Mónica G. Bellver.
