
Como cada ano por estas datas o Centro de Deportes Barco presenta a nova equipación para a vindeira tempada, cunha camiseta adicada novamente a un santo con gran devoción na vila, sen deixar de lado as referencias ao viño.
Trátase de “Orixe”, a nova camiseta do CD Barco que rinde homenaxa a San Roque “patrón dos peregrinos que fan o Camiño de Inverno que pasa por Valdeorras e concretamente pola zona das Casas Baratas do Barco que teñen neste santo ao seu patrón”, explica o presidente do club barquense, adiantando que as camisetas xa están dispoñibles nos canais habituais do club a 35 euros.
Coma sempre, a primeira equipación nas cores do Barco, vermello e azul; e a segunda en negro e dourado. “Deseño exclusico, calidade premium e detalles que nos representan”, aseguran dende o club.
