A entrega de premios da XXX Cata dos Viños da Ribeira Sacra, o concurso oficial deste consello regulador que cada ano recoñece a excelencia dos viños elaborados ao abeiro da denominación, tiña lugar na tarde no Hotel Iberik Augas Santas Balneario & Golf de Pantón.
O acto contaba coa asistencia de diversas autoridades, entre elas, a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, quen fixo entrega da Medalla de Ouro da categoría de Viños Tintos, acompañada polo presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, Antonio Lombardía Crespo, así como por representantes institucionais como o presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra,, alcaldes da comarca, membros do sector vitivinícola e adegueiros da denominación.

Este acto permitiu tamén celebrar os primeiros 30 anos da Denominación de orixen Ribeira Sacra que en verbas do seu presidente. Tal e como apuntaba o seu presidente. “Trinta anos que son, sobre todo, un logro común. Un soño compartido que conseguiu que unha denominación de viño dese nome a todo un territorio; un territorio que se recoñece nel, que comparte unha cultura, uns ríos que nos unen e unhas esperanzas postas nun próspero futuro”.
Ademais o presidente referíase aos retos a medio curto prazo que ten por diante a denominación, entre eles a adaptación do prego de condicións da D.O. a realidade do viño, ao eido da viticultura heroica e á aposta por unha viticultura sostible, así como a colaboración nun proxecto común con outras denominacións de viticultura heroica españolas”.
Nesta trixésima edición da cata participaron 22 adegas, que presentaron un total de 64 mostras: 21 de tintos, 17 de brancos e 26 viños doutras anadas. Tras o proceso de selección desenvolvido mediante catas completamente ás cegas e supervisadas polo notario de Monforte de Lemos, o panel de cata do Consello Regulador determinou o seguinte palmarés:
Viños Tintos. Colleita 2025
Medalla de Ouro
Casa Moreiras – Casa Moreiras S.L.
Medalla de Prata
Promine Singular – Bodegas Petrón S.L.
Medalla de Bronce
Campaza – Casa Moreiras S.L.
Viños Brancos. Colleita 2025
Medalla de Ouro
Viña Vella – S.A.T. Virxen dos Remedios
Medalla de Prata
Peza do Rei – Adega Cachín S.C.
Medalla de Bronce
Pasal de Esile – Bodegas Rectoral de Amandi S.A.U.

Viños doutras Anadas
Medalla de Ouro
Vel`uveyra – Mencía Rosado 2024 – Ronsel do Sil S.L.
Medalla de Ouro
Sollío – Mencía Barrica 2024 – Juan Alberto Alvarez Rodríguez
Medalla de Ouro
1904 Mater Granite – Branco Summum Garda 2022 – Adega Vella Xeracións S.L.
Os galardóns consisten en medallas de ouro, prata e bronce nas categorías de viños tintos e viños brancos, e ata tres medallas de ouro na categoría de viños doutras colleitas. Cada premio vai acompañado dun trofeo exclusivo elaborado en barro polo artesán José Elías González Prieto, do Centro Oleiro de Gundivós, unha peza que simboliza a tradición oleira da Ribeira Sacra e a estreita vinculación entre o territorio, o patrimonio e a viticultura.
A XXX Cata dos Viños da Ribeira Sacra reafirma o compromiso do Consello Regulador coa promoción da calidade, da excelencia e do traballo desenvolvido polas adegas inscritas na Denominación de Orixe, consolidándose como un dos certames de referencia do sector vitivinícola galego.


Este acto, presentado pola xornalista valdeorresa Manola Porto, pechábase coa intervención da conselleira do Medio Rural, María José Gómez, quen fixo especial no recoñecemento da Ribeira Sacra como marca. Ademais aludía ao no papel do Consello Regulador, que definiu como o garante da confianza dos consumidores, da autenticidade destes viños e do prestixio da denominación de orixe e valorou que a confianza “non nace por casualidade, senón que se constrúe cada día con rigor e con profesionalidade”. Algo que, engadiu, tamén é Galicia Calidade. Unha forma de facer as cousas que vén dada polo respecto á tradición e tamén pola aposta pola innovación, entre outras características.
Neste contexto, a conselleira trasladou os seus parabéns aos premiados nesta trixésima cata, na que concorreron viños amparados pola DO Ribeira Sacra nas categorías de Viños Brancos, Viños Tintos e Viños doutras anadas. Os premios distinguen os mellores viños de cada categoría mediante medallas de ouro, prata e bronce, constituíndo un importante recoñecemento ao labor das adegas desta denominación. Como é tradición, os galardóns foron elaborados por José Elías González Prieto, do Centro Oleiro de Gundivós, unha das expresións máis representativas da artesanía tradicional da comarca.
Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.


