DeportesFútbolÚltima horaVídeos

De novo pantalla xigante para ver a final do mundial na praza de Viana, tras os cheos dos 2 anteriores partidos

 

A praza Maior de Viana do Bolo acollerá, por terceiro encontro consecutivo, unha pantalla xigantes para seguir a final de España no mundial de fútbol este domingo a partir das 21h.. Esta iniciativa do Concello tiña unha gran acollida nos dous partidos anteriores nos que se instalou (cuartos e semifinais).

“Grazas a todas as persoas que compartiron connosco esta gran noite de fútbol na praza. Un ambiente incrible, cheo de paixón, emoción e convivencia. Seguimos animando xuntos!”, din dende o Concello de Viana do Bolo.

Vídeo: Concello de Viana do Bolo.

 

Back to top button