DeportesFútbolÚltima hora

Cea-homenaxe do CD Vilamartín a “Calis” e Víctor

 

Mantendo un bo costume que iniciaban hai uns anos, as vellas glorias do desaparecido CD Vilamartín tiñan pensado celebrar unha nova xuntanza no campo de fútbol do Bañadoiro, seguida dunha cea, pero o día antes recibían a nova do falecemento dun dos seus compañeiros máis querido, José Luis Ferrer García, máis coñecido como “Calis” polo que decidían suspender a xuntanza no campo e ir “directamente ao restaurante da gasolineira a cear en homenaxe a Víctor o primeiro presidente do CD Vilamartín e de Calis un gran porteiro e compañeiro do equipo”.

Así o facían na noite do sábado 25 de xullo, tralo enterro de Calis, reuníndose 43 persoas na Bodega Pago de Tazones arredor da mesa. Alí degustaron un menú a base de entremeses, langostinos cocidos e á grella, cabrito, ensalada e postres, viño mencía e godello, brindando polos dous compañeiros falecidos.

Na xuntanza tamén daban a coñecer a no organizacion do CD Vilamartín: Álvaro Calleja, Eulogio Losada, Julio López, Manuel López, Santiago Ferrer, José Prieto e Manuel Núñez.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Back to top button