
Entre as diferentes propostas do amplo programa que o Concello da Veiga ten previsto para este verán figuraba, na noite do 7 de agosto, o espectáculo de rúa “Quimera”, que tiña lugar na vila veiguesa.

Numerosas persoas acudían a esta función e quedaban facinadas cunha proposta de gran formato que combina teatro visual, danza, circo e artes escénicas para transformar o espazo público nun escenario aberto á imaxinación e á participación do público.
Fotos e vídeo cedidos.

