CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

As actuacións de Lucía Pérez e Tropicalia marcaban o inicio da I Vitis Lumen de Larouco

 

Aínda que este sábado 8 de agosto era a xornada central da I Vitis Lumen de Larouco, esta celebración arrancaba xa na noitiña do venres cunha paellada e xa cara as 23 horas actuaba Lucía Pérez coa súa banda dentro da súa xira “20 Aniversario”, rematando a noite co Escola de Baile Tropicalia e Dj.

 

 

 

“Esta fin de semana foi diferente e distinta en Larouco, a primeira edición do Vitis Lumen iniciábase co concerto de Lucía Pérez, que resultou un éxito. E non só pola voz marabillosa de Lucía, senón porque era algo novo para o pobo de Larouco, coa ubicación, a data, todo era novo e a verdade é que estamos moi contentos”, explica a alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela.

 

 

Ademais referíase de xeito especial á ubicación da actuación, “para min, que corrín e xoguei moito polo barrio de Seoane, foi moi emocionante velo tan cheo de xente cando nunca se fixera que nos recordemos algo alí, era un barrio humilde e as festas eran aquí no barrio do mercado, que era onde se facía todo”.

Fotos e vídeos cedidos.

 

 

Back to top button