En portadaÚltima horaVídeos

Ofrenda simbólica do primeiro mosto da colleita de Vinos Barco ao Nazareno e a Santa Rita

 

Coincidindo coa novena do Cristo cuxa data se conmemorará o vindeiro 14 de setembro, e coma sempre en plena vendima, a parroquia barquense presidida por Jesús Álvarez rendía unha vez máis a súa particular homenaxe ao sector vitivinícola.

Na mañá deste domingo 6 de setembro, na igrexa de Santa Rita, xusto antes da misa das 12:30 horas celebrábase a pisada de uvas e a ofrenda do primeiro mosto da colleita 2026 da Adega Cooperativa Jesús Nazareno-Vinos Barco, á Santa e tamén ao Nazareno.

 

 

No altar da igrexa e diante de todos os fegreses, o acto comezaba con Lían, Samuel e Emiliana, “barquenses de orixe colombiana”, en palabras do párroco, pisando as uvas na tina instalada para a ocasión da que saía o mosto que o propio sacerdote recollía nunha xarra que entregaba a Alfredo Vázquez, director comercial de Vinos Barco, encargado este ano da ofrenda.

 

 

Primeiro ao cadro do Nazareno (a imaxe consérvase na igrexa de San Mauro de onde sairá en procesión o día 14) e despois á imaxe de Santa Rita, Alfredo realizaba o simbólico acto antes de dirixirse aos presentes, asegurando que se acollen a ambos santos, desexando “unha boa colleita así como unha boa comercialización dos nosos viños cuxo resultado económico nos permita seguir facéndonos oco nos mercados nacionais e internacionais”, poñendose como reto “xerar unhas condicións humanas, profesionais e comerciais para que o sector do viño en Valdeorras ocupe o lugar que merece”.

 

 

Como referente que son, cren “na nosa terra, nos nosos viños, na nosa oferta gastronómica e turismo enolóxico”, conscientes de que o sector precisa iniciativas privadas pero tamén o apoio das diferentes administracións “para lograr que o noso viño se convirta no mellor estandarte e embaixador desta terra, do empeño das persoas, da nosa xente, do bo facer dos nosos agricultores, da nosa cooperativa e dos nosos adegueiros”.

 

 

Fotos e vídeo.

Back to top button