PolíticaÚltima hora

Visita do secretario xeral do PPdeG a Valdeorras

Reuníase no Barco co responsable de minería de FICA-UGT no Barco e despois achegábase ata a sede da Asociación Galega de Pizarras en Sobradelo

 

“Logo de ser fortemente castigada pola crise, Valdeorras hoxe presenta uns grandes datos de recuperación de emprego e actividade”. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, facía estas declaracións na visita que realizaba na mañá do 30 de marzo ao Barco e, logo, a Sobradelo. Reuníase con membros do sector da lousa. Primeiro co responsable de minería de FICA-UGT Galicia, José Paradelo, e despois coa directiva da Asociación Galega de Pizarristas.

Tellado destacou o peso económico do sector da lousa e cifrou en “máis do 7%” o repunte rexistrado nas súas cifras de exportación con respecto ao ano anterior. Tamén aseguraba que para o impulso da actividade económica “é necesaria a aposta polas infraestruturas”. Na súa visita á comarca, Tellado estivo acompañado polo presidente local e deputado autonómico, Moisés Blanco, e en Sobradelo pola alcaldesa de Carballeda, María Carmen González.

Fotos: Carlos G. Hervella (agás da a reunión co responsable de minería de UGT en Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button