CulturaCultura

A Fundación Yosso-Xosé de Valbuxán, clasificada de interese cultural

O Musseo Yosso, no Bolo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Catro meses despois de presentar a solicitude, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes publicaba no Diario Oficial de Galicia a clasificación de interese cultural da Fundación Yosso-Xosé de Valbuxán, ubicada no Bolo e constituída en marzo de 2026 co obxectivo de promover a obra do poeta e pintor valdeorrés.

A entidade, presidida pola irmá do artista falecido en 2019, Marina Porto García, ten por obxecto “preservar e divulgar o patrimonio cultural e social de José Porto García (Xosé de Valbuxán-Yosso), cuxa obra se atopa exposta actualmente no Museo de Yosso, no Bolo”. Así mesmo, a institución ten como finalidade estatutaria “fomentar a lingua galega como idioma vehicular en todas as súas actividades culturais e contribuír ao desenvolvemento e enriquecemento artístico da comarca de Valdeorras nas distintas disciplinas que cultivou o creador”.

Considerando que se cumpren as condicións establecidas pola normativa vixente en materia de fundacións de interese galego, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 28 de xullo o Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes daba luz verde a clasificar de interese cultural a Fundación Yosso-Xosé de Valbuxán, adscribíndoa ao protectorado da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Back to top button