ConcellosÚltima hora

Sete rutas para percorrer e coñecer O Barco de Valdeorras

O Concello vén de editar folletos explicativos con mapa e datos de interese sobre cada percorrido
Folletos das sete rutas polo Barco. /Foto: Mónica G. Bellver.

Da Pincheira, de Alixo, Río Galir, das Penas Marías, del Sil, das Hortas e Monumental. Son as sete rutas que propoñen dende o Concello do Barco de Valdeorras para percorrer algúns dos fermosos paraxes do municipio barquense. Algunhas están moi ben sinalizadas e outras non, por iso, para dalas a coñecer e orientar na medida do posible a todo aquel que as queira facer, o Concello do Barco vén de editar folletos explicativos de cada unha delas.

“Era unha demanda que os veciños me facían constantemente e por fin témolos xa na rúa”, explicaba a concelleira de Turismo do Barco, Irene Dacal, na presentación que tiña lugar na mañá do 4 de abril xunto ao presidente do Club Peña Trevinca Barco, Pablo Aller, que colaborou na edición das rutas. “Nós levamos tempo facendo actividades abertas a toda a poboación como rutas de sendeirismo e pareceunos moi interesante e necesario que se fixesen estos folletos”, asegura Pablo, lembrando que o vindeiro domingo realizarán a de Alixo (saída ás 9 da mañá dende a Casa da Cultura). “Empezamos por esa pola colaboración que sempre atopamos nos veciños que, desta volta, tamén nos proxupexon ir máis aló do meramente deportivo, para coñecer parte da súa tradición oral”, explica Pablo.

 

Pablo Aller, presidente do Club Peña Trevinca Barco e Irene Dacal, concelleira de Turismo do Barco, na presentación das rutas./ Foto: Mónica G. Bellver.

Todos os folletos, que estarán a disposición do público nas dependendias do Concello do Barco, teñen imaxes da ruta en cuestión, contando cun pequeno mapa orientativo do percorrido e datos técnicos como punto de partida e chegada, lonxitude, dificultade, duración aproximada,… “É unha forma de orientar á xente porque por exemplo, todo o mundo sabe onde están as Penas Marías pero non como chegar”, explica Irene adiantando que aproveitaron a tirada para publicar asemade un folleto sobre alonxamento e restauración no Barco de Valdeorras.

 

Artigos relacionados

Back to top button