Outra vitoria para o fútbol valdeorrés na casa. Se pola mañá era o CD Córgomo Vilamartín quen gañaba 4-1 ao Sporting Carballiño, pola tarde facíao o filial do CD Barco ao Piñeira Seca, con idéntico resultado, pero dúas categorías menos.
Na tarde deste domingo 27 de setembro os rapaces de Ricardo Prada saltaban ao terreo de xogo, no Campiño de Viloira, dispostos superar o baixón da pasada xornada (perdían 4-1 no campo do Rocas) e lográbano con creces. Na primeira parte marcaban Jonathan Vega (minutos 11 e 35) e Pablo Jardón (minuto 31); e na segunda os visitantes transformaban un penalti, poñendo o 3-1 ata que Brais Vidal sentenciaba o encontro co cuarto gol local no minuto 80.
Con este resultado o CD Barco “B” sitúase no cuarto posto da clasificación na Segunda Futgal. O seguinte partido será no campo do Paderne.
Na mesma categoría xoga o CD Rúa que tamén xogaba en casa neste domingo, e perdía polo mínima ante o Allariz.
Fotos cedidas.
