Os escolares barquenses de 6º de Primaria participaron nun obradoiro de alimentación saudable
O CEIP Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras enchíase de cociñeiros na mañá do 5 de abril. Os alumnos de 6º de Primaria participaron nun obradoiro de alimentación saudable incluído no proxecto “Nutrímonos do Barco”.
Ataviados con delantais e impolutos gorros de cociñeiro poñíanse mans á obra e, empregando froitas variadas (melóns, fresas, plátanos,…), boliños de pan e diversos produtos do mar com mexilóns, fixeron unha orixinal e saborosa composición artística. Un traballo que presentarán ao certame de proxectos que organiza a Consellería.
Fotos: CEIP Julio Gurriarán.