ConcellosO BarcoÚltima hora

A agresión ao propietario dun bazar do Barco obriga a intervir aos servizos de emerxencia

 

Contra o mediodía deste 6 de outubro a agresión, por parte dun cliente ante un desacordo, ao propietario dun bazar do Barco, situado na céntrica rúa da Estación, obrigaba a intervir aos servizos de emerxencia. Ata o lugar desprazábanse de inmediato a Policía Local do Barco, ademais dunha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias.

Nese momento, a persoa autora da agresión, xa non estaba no local, pero no intre de escribir estas liñas xa fora identificado pola Policía Local. O propietario do bazar era trasladado ao Hospital Público de Valdeorras para recibir asistencia sanitaria.

Back to top button