
Un ano máis a selección ourensá de fútbol sala conta con xogadores da base do Pizarras Tres Cuñados FS. Nesta ocasión foron catro infantís (Enzo Machado, Sergio Macías, Matías Núñez e Diego López) os convocados polo adestrador, Javier López González, para que este venres día 6 de novembro se poñan á súa disposición no pavillón de Oira ás 20:30 horas, para un adestramento preparatorio para o Campionato Galego de Seleccións Comarcais.
Tal como explican dende o club barquense, Mati xa ten experiencia. De feito “foi campión alevín, unha categoría menos, con moita participación, marcando e sendo campións galegos”, din orgullosos.
O equipo infantil do Tres Cuñados FS é adestrado por Jose Rodríguez, xogador do primeiro equipo, sendo colider na competición ligueira con cinco vitorias noutros tantos partidos.




Fotos cedidas.