DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Dous ouros e tres bronces para os karatekas valdeorreses no campionato galego de clubs

No torneo competiron varios equipos do K.C. O Barco, K.C. A Rúa e K.C. River Stone

Dous ouros, un para o equipo cadete e outro para o equipo sénior do K.C. River Stone; e tres bronces, un para o equipo cadete/ júnior masculino do K.C. O Barco, outro para o feminino do mesmo club e un terceiro para o sénior do K.C. A Rúa. Son os trofeos cos que volvían os karatekas valdeorreses de As Ponte esta fin de semana, onde se disputou o campionato galego de clubs.

O equipo cadete/ júnior masculino do Barco estivo formado por: Alejandro Murias; Iago Fernández; Pedro Cea; Manuel Arza; e Marcos Fernández. O equipo feminino do club barquense pola súa banda, formárono: Lucía Herrero; Ana Sequeiros; Laura Cotos Fernández; e Andrea Fernández. O adestrador é José Luís Puente e o delegado, Manuel Fernández.

O equipo sénior do K.C. A Rúa, pola súa banda, participou na modalidade de kumite e estivo formado por: Alejandro Domínguez; Félix Hernández e Víctor Manuel Montes. O adestrador é José Luis Puente e o coach para o evento, Domingo Díaz.

Con respecto ao club River Stone competía en kata con dous equipos: o cadete formado por Nicolás Vega, Daniel Rodríguez e Luís Martínez; e o sénior con Genaro Morán, Juan Herrero e Jorge Amigo.

Na mesma fin de semana, a barquense Lucía Herrero, participaba asemade na Copa Internacional de Karate, convocada pola Selección Galega que lograba un ouro en kumite e un bronce en kata. Nestas dúas probas Lucía caía en semifinais.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button