Sobresaínte actuación valdeorresa no Campionato Galego de Natación Máster de Verán que se desenvolvía no pavillón ourensán dos Remedios na fin de semana do 3 e 4 de xuño. O Club Adas Natación do Barco acudía á cita con oito nadadores que colleitaban un total de trece medallas. Así, malia á reducida representación valdeorresa, os “resultados individuais foron francamento bos nas súas respectivas categorías”, aseguran dende o club.
A elas sumábase un récrod galego, o que conseguía Beatriz González Ríos na súa categoría cun tempo de 1’41″23. “É a primeira recordwoman dende a creación do noso club”, destacan dende o Adas Natación.
En canto ás medallas logradas son as seguintes:
Beatríz González: 100 braza: ouro
200 estilos: ouro
50 braza: prata
Eva Goicoechea:
50 mariposa: ouro
100 mariposa: ouro
Laura Garrido:
100 espalda: prata
400 libres: ouro
Jorge Espinosa:
50 espalda: prata
50 braza: bronce
Francisco Rodriguez:
400 estilos: prata
Manuela Rodriguez:
50 libres: prata
50 braza: bronce
Relevos femeninos +160:
4X50 libres: prata
Fotos: Club Adas Natación do Barco.