Copa en man e vestidos con atuendos propios da época do Imperio romano, numerosas persoas se achegaban na tardiña e a noite do 12 de agosto ao recinto da IV Baco Festa, na Rúa. Percorrían os expositores das adegas que participaban no certame, degustando os seus brancos e tintos, en medio dun ambiente festivo.
Desta volta participaban na Baco Festa as adegas valdeorresas Sampayolo, Guitián e Blanco, A Coroa, Joaquín Rebolledo, Valdeiga, Melillas e Hijos, Alán de Val, Roandi e Cooperativa Virxe das Viñas.
No recinto da Baco Festa tamén había expositores de artesanía así como zonas para degustacións gastronómicas, ademais de música. O programa deste evento festivo e gastronómico continuará na xornada do 13 de agosto.
Fotos: Carlos G. Hervella