O domingo 21 de setembro, a Estación de Santa Cruz de Arrabaldo, será o escenario de tres eventos relacionados co motor. O primeiro será a XII edición da Concentración de Motos e Coches Clásicos San
Cibrao que sairá ás 12h. da praza da Veracruz do Carballiño en
ruta cara o Museo Estanislao Reverter onde permanecerá ata as 14h.
Tal como explican dende a Fundación Estanislao Reverter, ese mesmo día pola tarde, en torno ás 17h. chegarán, procedentes da Zona Termal As Burgas, os participantes na II Concentración Ourense Termal que disfrutarán da explanada e dos Museos que acolle a Estación.
A terceira cita está prevista para as 20h. momento no que terá lugar a chegada do Tren Turístico Ribeiro Rías Baixas procedente de Ribadavia con destino á Estación Ourense Empalme. Os
viaxeiros terán a oportunidade de visitar o Museo Estanislao Reverter e o Museo do Traxe Tradicional Galego.