O PP de Ourense aproba os seus orzamentos que ascenden a 325.000 euros
20 de Decembro de 2017
Dende o partido sinalaron que os cartos proceden das cotas das afiliacións, das achegas dos cargos públicos e das transferencias do PPdeG Manuel Baltar e Rosendo Fernández presentaron os orzamentos á militancia.
O Comité Executivo do Partido Popular de Ourense, reunido na sede provincial en Ourense, aprobou na tarde de hoxe, 20 de deccembro, a proposta de orzamentos da formación para o ano 2018, que ascende a case que 325.000 euros procedentes de tres vías: as cotas dos afiliados, as aportacións que realizan os cargos públicos do partido e as transferencias do PPdeG.
Tras a aprobación do documento económico, o presidente provincial, Manuel Baltar, salientou o traballo de xestión que realiza a formación popular ourensá, “baseada na planificación e maila anticipación, o que nos permite contar cuns orzamentos aprobados antes do inicio do ano”, destacando ademais “que mantemos así o noso compromiso coa transparencia que esixen os cidadáns”.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.