PolíticaÚltima hora

A xestora do PP provincial de Ourense, liderada por Luis Menor, aprobada polo comité executivo do PPdeG

A xestora estará composta por 88 persoas entre membros natos, representantes da política local e integrantes do Consello de Veteranos

 

O Comité Executivo do PPdeG vén de aprobar hoxe a proposta feita polo presidente da xestora provincial de Ourense, Luis Menor, dos 88 membros que formarán parte do único órgano que rexerá o partido ata a celebración do próximo congreso provincial. Logo de que este órgano aprobase a proposta, o presidente do PP de Galicia, Alfonso Rueda, quixo destacar deste proceso interno que “onde moitos vían moitas dificultades, todo culminou con normalidade e con xenerosidade”.

Pola súa banda, Luis Menor explicou que a súa proposta inclúe unha ampla lista de persoas “para conseguir a máxima representatividade de toda a provincia, xuntando a experiencia con xente que nunca estivo na primeira liña política e procedentes dos máis diversos ámbitos de actividade”.

Destacou neste sentido a creación dun Consello de Veteranos “con homes e mulleres do partido que atesouran un importante caudal político”. O obxectivo máis inmediato que ten o PP de Ourense, dicía, é “poñer ao partido a pleno rendemento para dar a primeira maioría absoluta a Alfonso Rueda e a quinta do PPdeG en Galicia”.

A xestora terá 32 membros natos, entre representantes nas Cortes Xerais, no Parlamento de Galicia, na Deputación Provincial e cargos do Goberno galego; así como outras 47 persoas procedentes fundamentalmente da política local e os 9 integrantes do Consello de Veteranos.

Artigos relacionados

Back to top button