OurenseÚltima hora

A CEO colabora co COB na búsqueda de patrocinadores

A entidade empresarial e o club ourensán asinaron un acordo co lema “Pack Empresa. Promoción afiliados CEO”
Sinatura entre os representantes da Fundación CEO e COB.
Sinatura entre os representantes da Fundación CEO e COB.

A Fundación CEO, órgano con competencias no ámbito deportivo da Confederación de Empresarios de Ourense, e o Club Ourense Baloncesto asinaban na mañá do 7 de novembro, un acordo mediante o cal a institución empresarial colaborará na campaña xeral de búsqueda de patrocinadores posta en marcha polo club.

Tal como adiantan dende a CEI, a campaña “concederá beneficios aos membros da confederación, na que quenes se sumen a ela realizarán unha aportación de 300 euros ao club en cada caso”. Como contrapatida cada patrocinadora recibirá dous carnets de socio, ao tempo que o COB instalará unha lona publicitaria na cancha de xogo de 2×1 metros a nome de cada empresa, así como a factura nominal correspondente. O acuerdo enmárcase baixo o lema “Pack Empresa. Promoción afiliados CEO” e será distribuído entre tódalas empresas que pertencen á organización.

En nombre da CEO participou no acto de sinatura José Manuel Díaz Barreiros, vicepresidente da Fundación CEO, mentres que polo COB fíxoo o seu presidente, Antonio Gavilanes.

Artigos relacionados

Back to top button