Remedios Durán e Francisco Camba (Peña Trevinca Barco), subcampións galegos de Score en M21B e F21B
27 de Febreiro de 2018
O campionato de orientación resolvíase esta fin de semana no mapa do Campus de Elviña (A Coruña)Remedios Durán Pernas e Francisco Camba Rodríguez.
Máis de 300 orientadores asistían á segunda proba da Liga Galega de Orientación disputada a pasada fin de semana no mapa do Campus de Elviña (A Coruña). Unha competición na que ademais se determinaba o Campionato Galego de Score, modalidade na que o Club Peña Trevinca Barco lograba dous subcampionatos nas categorías M21B e F21B da man de Francisco Camba Rodríguez e Remedios Durán Pernas, e un terceiro posto en F16 a cargo de Cristina Neta Pérez.
De forma paralela e tal como explican dende o club barquense, celebrábase nas instalacións do colexio Liceo La Paz, o galego de eliminación no que o “incombustible” orientador ourensán Martín Morales lograba o subcampionato.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.