Non será unha presentación clásica, como xa vén sendo habitual en Ignacio Castro Rey. A través dun coloquio, no que estará acompañado por Daniel Inglada, Oriol Leira e Stefano Puddu, este filósofo galego achegará o seu último libro, “Etica del desorden. Pánico y sentido en el curso del siglo” (Pre-Textos, 2017)” ao público catalán.
Este coloquio está previsto para o vindeiro día 15 de marzo ás 19:30h. no teatro La Gleva de Barcelona. O primeiro en tomar a palabra será Ignacio Castro, quen exporá o esquema deste volume de 450 páxinas e, seguidamente, intentará contestar ás preguntas e obxecións que lle plantexarán Daniel Inglada, Oriol Leira e Stefano Puddu.
“Ética del desorden” constitúe, en palabras de Ignacio Castro Rey, “un tratado que se dedica a pensar a importancia existencial, ética e política do non elixido por nós, que sen embargo alenta o centro”.