Continúan chegando metais para Valdeorras dende o Campionato de Europa Máster de atletismo que se está a desenvolver en Madrid. Tras a de Javier Cid en martelo, agora veñen de conseguirse outras dúas. Así a atleta Raquel Lameiro (Adas) conseguía unha prata no triple en W40 cunha marca de 10.85, mentres que o barquense José Fernández Nieves (Real Club Celta) conquista o bronce nos 3 km marcha en M35, cun tempo de 13:26.78, e tamén o bronce nos 5 km marcha.