Nenos e maiores compartían historias na mañá do 7 de abril na Biblioteca Municipal Florencio Delgado Gurriarán do Barco. No marco da celebración do Día Internacional do Libro Infantil (cuxa data é o 2 de abril, coincidindo coa do nacememento do autor danés Hans Christian Andersen), esta instalación cultural organizaba unha actividade de contacontos na que implicaba aos nenos, pero tamén aos seus pais, nais e avós.
A partires das 11:30h. da mañá, e tendo como limiar varios poemas infantís recitados por Jorge Moral, comezaba unha sesión de contacontos na que os cativos e os maiores se ían alternando na lectura. Nela convivían todo tipo de historias. Cada unha delas podían escollerse na mostra de libros infantís que a biblioteca poñía a disposición dos participantes.
Ao remate da lectura, cada un dos cativos recibía como agasallo un libro infantil. Ademais a biblioteca contaba cun panel expositivo sobre a figura de Hans Christian Andersen, autor de historias infantís tan sorprendentes como “O parruliño feo”, “O soldadiño de chumbo” ou “O traxe novo do emperador”, entre outras.